// o_que_din_os_clientes
Testemuños
Negocios reais que automatizaron unha parte do seu día a día. Métricas verificables, citas literais.
O 96% dos nosos clientes din cousas como estas:
Pensaba que ía ter que aprender informática á forza. Non toquei nada: deixouno todo funcionando e explicoume só o que necesitaba saber.
Dixo dúas semanas e foron dúas semanas. Co prezo que pechamos ao principio, sen sorpresas ao final.
As ausencias na consulta baixaron moitísimo. Xa non paso a tarde chamando para confirmar citas.
Non me falou como a un parvo nin me intentou vender fume. Díxome que se podía facer, que non, e cumpriuno.
Recuperamos orzamentos que xa dabamos por perdidos. Só con iso, o traballo pagouse só.
O que promete é xusto o que fai. E cando lle escribo cunha dúbida, responde de verdade.
Recuperei as tardes dos venres. O sistema manda os recordatorios e as facturas só, eu xa non estou pegado ao móbil.
Empezamos cunha cousa pequena para probar. Funcionou tan ben que xa imos pola terceira automatización.
É de aquí, fala como nós e entende como funciona un negocio pequeno. Non te trata como a unha multinacional.
E o 4% dos nosos clientes din cousas como estas:
A nivel persoal non conxeniamos demasiado, para que enganarnos. O traballo, impecable. Pero non é alguén con quen iría tomar un café.
Unha semana tardou en contestarme máis do que me gustaría. Acabou resolvéndoo, pero eses días puxénme nervioso.
Atrasouse uns días respecto ao que falaramos. Avisou con tempo, pero eu contaba con telo antes.
O sistema está perfecto, non é culpa súa. Pero os meus clientes son de toda a vida de chamar por teléfono e non lle acabamos sacando o partido que eu esperaba.