Automatizar citas por WhatsApp sen perder o trato humano
A primeira pregunta que me fan os clientes cando lles propoño automatizar a confirmación de citas por WhatsApp é sempre a mesma:
"E non vai parecer frío? Os meus pacientes son maiores, queren falar con alguén."
A resposta corta: se está ben feito, non se nota.
Que NON facemos
- Non substituímos a conversa humana cando o cliente quere falar.
- Non mandamos quince mensaxes ao día.
- Non usamos linguaxe de bot ("Estimado/a usuario/a, su cita ha sido procesada satisfactoriamente").
Que SI facemos
O fluxo típico nunha clínica é así:
- 24 horas antes da cita, o sistema manda unha mensaxe curta: "Ola Pilar, lémbrolle a súa cita mañá ás 17:00 na clínica de Vilagarcía. Confirma escribindo SI ou, se prefere cambiar, dígame a data."
- Se confirma, marca a cita como confirmada e non manda nada máis.
- Se non responde, ás 9:00 do día da cita manda un recordatorio máis directo.
- Se pide cambiar, transfire a conversa a un humano (ou, se o configuramos, ofrece slots dispoñibles automaticamente).
A clave está en que a redacción é a túa, non a de OpenAI. Probámola contigo antes de activala.
A regra que aplico sempre
Toda mensaxe automática ten que pasar a "proba do café": se a lese alguén nunha cafetería, soa a algo que ti escribirías?
Se non pasa esa proba, reescríbese.
Os resultados típicos
Non vou inventar cifras porque depende moito do tipo de clínica. O que si vexo en case todos os casos:
- Confirmacións pasan do 40-50% (cando se piden por chamada) ao 80-90% (cando se piden por WhatsApp).
- As cancelacións de última hora baixan drasticamente, porque a xente xa lle "dixo" que iría e iso compromete máis que unha chamada perdida.
- O persoal recupera 4-6 horas á semana que pasaba ao teléfono.
Pero o máis importante é o que non se mide: deixas de odiar facer cousas que non son o teu traballo.
Como o montamos
Usamos n8n como núcleo do fluxo, WhatsApp Business API para o canal, e a túa axenda (Google Calendar, Doctoralia, Calendly...) como fonte de verdade. Todo corre nun servidor que controlamos nós, sen lock-in.
Se queres ver un fluxo de exemplo paso a paso, estou montando un tutorial completo nos recursos.
Manuel
¿Quieres hablar de esto?
No hay comentarios públicos. Pero sí mi correo. Si algo te resuena o te chirría, escríbeme.
Escríbeme directo →